¡Hola! Llevo ya algún tiempo publicando sólo reseñas y he pensado en variar un poco. Normalmente publico en castellano y hace bastante que no pongo nada en gallego, ya que muchos de mis seguidores no sois de Galicia.
Muchísimas veces escribo(lo que vienen a ser relatos) en gallego y creo que si los tradujese no sería lo mismo, así que he decidido publicar una de las últimas cosas que escribí en su forma original. Os animo a leerlo, pero entiendo que se puede hacer algo pesado si no sois de aquí.
Esta entrada leva sobre unha semana en borrador porque estaba aínda pendente de editar, pero hoxe propúxeme rematala para poder publicala coincidindo co Día de Galicia.
Muchísimas veces escribo
Esta entrada leva sobre unha semana en borrador porque estaba aínda pendente de editar, pero hoxe propúxeme rematala para poder publicala coincidindo co Día de Galicia.
De cando en vez penso no homiño. Imaxínoo sentado, sen poder saír do cuarto no que está e sen ninguén que lle faga compañía. Pasan as horas, os días e os meses. O tempo esvara sen que poidamos detelo, e o home segue aí, por se o necesito. Ás veces son demasiadas as ocasións nas que iso sucede, outras pasan meses sen que o precise. Nunca sei cando vai suceder, pero el sempre está aí, agardando para non deixarme caer.
Hai momentos nos que o home está tan desbordado que me vexo obrigada a axudalo. Neses intres agradezo todo o que fai por min, porque é cando realmente me dou conta do duro da súa labor. Quedo tan desfeita, tan exhausta e tan baleira, que cando me sosego non son nada, estou oca por dentro e só penso en cando era unha nena. Os nenos teñen esa dozura e esa inxenuidade que os fai impermeables a todo, e por iso teño envexa do eu cativo.
Falaba ao principio de traer recordos á mente. As persoas temos a capacidade de recordar. Lembramos momentos felices e revivímolos, sabemos o que fixemos onte, o que sucedeu o mes pasado ou hai varios anos. Pero non nos enganemos: recordar é unha arma moi perigosa. Porque tamén lembramos a persoas, momentos con esas persoas ou tamén cousas que prefeririamos non recordar. É aquí a onde quería chegar. Só quería lembrar que, malia o sorriso que poida debuxar na miña cara ou as palabras amables que poidan xurdir da miña boca, os feitos non se desvanecen, o dito nunca se borra. E sempre, sempre, permanece todo gardado. Porque aínda que ás veces prefira borralo todo, sei que non podo.
Unha cousa máis. Teño un corazón de ferro e tamén unha coiraza de aceiro. Os meus ollos son de alcatrán, impenetrables, e a miña alma agóchase entre as sombras. Toda eu son un armazón, pero aínda así teño feridas. Son feridas de guerra que conseguen superar todas as barreiras, que tardan en curar e nunca desaparecen. Tamén teño vendaxes, do tipo que comezan a fundir o ferro, o aceiro e a ver detrás dos meus ollos.
Penso que igual o máis complexo é entender de que vai, pero espero que vos gustase.
Bicos,
Alba, siempre me llegas a lo más hondo...
ResponderEliminar¡Gracias!
EliminarUn beso enorme
Feliz día! He intentado leerlo, pero no ha salido demasiado bien JAJAJA
ResponderEliminarBesines
La intención es lo que cuenta jajaja
EliminarBesos
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarFeliz día de Galicia!
ResponderEliminarEncántame como escribes. Pareceume un relato moi bonito e marabilloume o penúltimo parágrafo. ❤
Bicos e ata pronto!
Moitísimas grazas, Adrián!
EliminarHolaa
ResponderEliminarYo tambien lo he intentado leer y algo he entendido :P
Feliz dia de Galicia^^
Un beso
Gracias, supongo que no es lo mismo si no lo entiendes completamente pero se puede intuir de qué va.
EliminarUn beso enorme.
¡Hola! Pois eu tamén son galega e encantoume encontrar algo da miña terra nun día coma o de hoxe. ¡Quedouche marabilloso o texto! Estaría moi ben poder escribir na nosa lingua máis a miúdo pero claro, pouca xente nos entendería jaja ¡Feliz Día de Galicia! Un bico.
ResponderEliminarCreo que acertei esperando ao día de Galicia para publicar, si que me gustaría publicar máis veces en galego pero moitos dos meus lectores son de Sudamérica.
EliminarBicos
¡Hola!
ResponderEliminarFeliz día do noso mundo. Galicia sempre vai estar con nós, e máis aínda despois de todo o que sufrimos polo noso idioma.
Encantoume a forma na que escribiches,e nótase como queres a Galicia.ç
¡Un beso!
Ya te sigo, espero que también te pases por mi blog.<3
¡Un beso!
http://dreamingbooksinrainydays.blogspot.com.es
Moi certo o que dis e grazas. Xa te sigo, lémonos.
EliminarHola!!
ResponderEliminarMenos mal que ese relato que estaba en borrador deu a luz, porque merece moito a pena!!!! Un pracer leelo
Bikos dende mividapor1libro.blogspot.com
O pracer é meu ao ler comentarios coma este^^
Eliminar¡Hola!
ResponderEliminarJo! Que he intentado leerlo pero soy una negada ToT ¿No puedes poner también la traducción? XDD
Besos ^^
Ola!!
ResponderEliminarDespoís de leer o relato en galego costame escribir o comentario en castelan jajajaja.
Moi bo relato e moi boa reflexión.
Ainda que chego cinco días tarde... Feliz día de Galiza!.
Un bico
¡Holaaaa! Lo he intentado pero no he podido leerte porque no entiendo todo lo que hay escrito :( Hay cosas que si pero otras se me escapan... A ver si puedes ponerlo también en castellano
ResponderEliminarUn beso y nos leemos <33
¡Feliz día! (Atrasado)
ResponderEliminarBesitos ^^