6 de mayo de 2013

Relato concurso Coca Cola


Participé en el concurso de relato corto Jóvenes Talentos de Coca Cola, a nivel autonómico. Os presento el relato con el que participé y con el que quedé finalista así que, para los que lo entiendan, ahí va:


(El único requisito que nos pidieron fue incluir lo siguiente. “Que así mo pediron, que así mo mandaron que cante e que cante na lingua que eu falo”.)

Estabamos na clase de galego, e o noso profesor anunciounos: “Pronto, Cantares Gallegos fará 150 anos. Por tanto, vouvos contar a súa historia".
Nesta historia, unha das personaxes é Grilda, unha humilde pero intelixente campesiña. Acudía todas as semanas á cidade na procura de novas.
Un día, nunha das súas visitas, un cartel dicía o segunte:
“Srta. Margarida.
Nena prodixio. Fala todas as linguas do mundo. Quen a desafía? Que lingua non sabe? Para o gañador haberá unha grande recompensa.”

E Grilda, que ademais de intelixente era aventureira, tiña ganas de ir. Pasou todo o día pensando: francés, alemán, xaponés… Non, esas eran coñecidas, seguro que as sabía, pero ao final, pensou: “ Din que en Galicia hai unha lingua descoñecida. Vou demostrar que o galego podería valer, e deixar de ser tan descoñecida.
Grilda coñecía a unha moza, Sara, dunha vila cercana.
Contoulle a súa idea, pero Sara era moi envidiosa, e dicía que non o conseguiría. A ela gustaríallle desafiar e vencer a Margarida, pero non sabía galego, ao igual que Grilda, pero Grilda era máis lista. Aprenderíao.
Sara trazou entón un plan, e decidiu acompañar a Grilda. 
Marcharon as dúas xuntas.
Grilda levaba un mapa que, casualmente, desapareceu na primeira noite, pero ela, que marchara moi preparada, levaba outro de reposto. Outra noite espertou nun lugar escuro. Era unha cova. Buscou pero non atopou ningunha saída. Grilda non se alarmou, pois oira falar dunhas covas que… si, iso era. Un pequeño burato no teito.
Seguro que Sara estaba fóra, facendo que a buscaba. Non podía seguir así.
Pensou e pensou, e chegou á conclusión de que Sara era así polos seus pais.
A pobre Sara nunca gañaba nada, e os seus pais non estaban contentos: a súa filla tiña que ser a mellor.
Recordou entón a lenda de Rosalía. Era a hora de comprobar se era verdade.
Dicíase que Rosalía era unha anciá muler que lle poñía, ninguén sabe como, remedio a todo. Así podería solucoinar o de Sara e aprender galego.
Saiu da cova e non lle dixo nada a Sara do que ía facer.
Desviáronse un pouco do camiño e en dous días chegaron a unha vella  casa no medio da nada.
Mentindo, Grildfa díxolle a Sara que era dunha vella amiga dos seus pais, e que agardase fóra.
Tras falar con Rosalía, chegaron a un acordo.
Rosalía rematou confiando nela. Contoulle que ela era escritora, pero que ninguén o sabía. As súas historias saían dos seus sonos, pero ela xa era vella, e os seus sonos pronto rematarían. Rosalía rematou dicíndolle a Grilda que será a próxima xeración da literatura galega, e dixo: “que así mo pediron que así mo mandaron, que soñe e que soñe na lingua que eu falo”.
E xa estaba. Grilda soñaba en galego, pero o seu trato impedíalle abandoar aquela casa, xa que aquela especie de conxuro dito por Rosalía era a frase da amizade: Grilda tería que confiar en Sara.
Foi xunto dela e comunicoulle o seguinte: “Sara, teño que quedar. Confíoche a ti a misión.
“Grilda, eu non sei falar galego, e tardarei moito en aprendelo” -  respondeu Sara.
E  Grilda, toda decidida, respondeu: “Que así mo pediron, que así mo mandaron que cante e que cante na lingua que eu falo”.
Agora Sara xa falaba galego, pero só o faría durante cinco días, cinco días cheos de aventuras, pois Sara, por fin, comprendera o valor da amizade, e agora tería que seguir soa.
O cuarto día chegou a unha cidade.
Pronto averiguou onde estaba Srta. Margarida, pois unha longa fileira de persoas cruzaba toda a cidade para visitala. Esperou todo o día, e, cando faltaba unha hora para que o galego a abandoase, por fin lle tocou.
Fronte ela había unha nena duns tres anos. Ela era Margarida!
Chegou xunto dela e díxolle: “Coñeces a lingua que falo?”
E Margarida comezou a chorar porque non, non a coñecía.
Ninguén coñecía o galego pero ela, Sara, en nome da súa amiga, traíao a terras descoñecidas e os seus pais, esperaba, estarían moi orgullosos.
E así, o galego estendeuse.
Rosalía morreu pouco despois, deixando Cantares Gallegos, un libro cheo de fórmulas que segundo esta lenda, son verdadeiras, pero por medo ao descoñecido, ninguén se atreve a decilas en voz alta. E é por iso que Cantares Gallegos é tan importante.
O profesor rematou a súa historia e todos aplaudimos. Sería certo aquilo? Quizais son moi pequena paara sabelo pero, cando sexa maior, buscarei esas fórmulas e descubrirei a verdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Deja tu comentario!